DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29301

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector 7 Recinto feiral de Someso. Normativa, A Coruña (expediente 631/2024/227).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria realizada o 8 de maio de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar o informe elaborado polos técnicos municipais o 10 de abril de 2025, de resposta á alegación presentada durante o período de exposición pública.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento denominado Modificación puntual nº 3 do Plan parcial do sector 7 Recinto feiral de Someso. Normativa, presentado o 22 de abril de 2025 por Espacio Coruña Shopping, S.L. e asinado dixitalmente polo arquitecto Álvaro Fernández Carballada e a arquitecta Beatriz Aneiros Filgueiras.

Terceiro. Notificarlle este acordo á entidade titular da parcela afectada e aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e realizar a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia».

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo, e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Planeamento vixente, ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor Desenvolvemento do planeamento.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 15 de maio de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda