DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2025 Páx. 29303

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 2024/PLANEAM/000007-FG número 744.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025002327, do 6 de marzo de 2025, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela G do Plan parcial SUD-5 Icaria IV (documento NRE 2025004513, do 6 de marzo).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do Concello www.oleiros.org, na Sección de Urbanismo, Trámites de Información Pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de maio de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente