DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Soutogrande, no concello de Vilariño de Conso.

Examinada a solicitude de revisión do esbozo formulada polos representantes do MVMC de Soutogrande, pertencente á CMVMC de Soutogrande, no concello de Vilariño de Conso, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 27.9.2022, a CMVMC de Soutogrande presentou unha solicitude (Rexel núm. 2022/2369065) de revisión do esbozo do MVMC de Soutogrande, no concello de Vilariño de Conso.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 8.9.2022.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 14 de abril de 2023 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto desta revisión do esbozo inclúe o perímetro colindante con particulares. Non se modifican os límites cos montes veciñais estremeiros, non estando deslindado con ningún monte veciñal con que linda.

A superficie do MVMC de Soutogrande, unha vez revisado o esbozo, resulta de 166,34 ha, o que supón unha redución de superficie dun 12 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC de Soutogrande.

Consideración legal e técnica:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión, axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 14 de abril de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 7 de abril de 2025:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do MVMC de Soutogrande, pertencente á CMVMC de Soutogrande, no concello de Vilariño de Conso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 8 de maio de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file