DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, da Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación, pola que se notifica a consignación do importe do depósito previo e se lles require documentación aos expropiados, dentro do procedemento urxente para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O proxecto das obras que se citan no encabezamento foi aprobado o 20 de setembro de 2024 pola Presidencia de Portos de Galicia, que, de acordo coa súa normativa de creación, ten neste expediente a condición de beneficiaria coas facultades de impulso do expediente, e para tal efecto elevou a correspondente proposta de expropiación á Consellería do Mar, que ten a condición de Administración expropiante.

A relación de bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación, que foi sometida á información pública, aparece recollida e valorada no devandito proxecto.

Por medio do Decreto 9/2025, do 20 de xaneiro, publicado no DOG número 25, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia declarou de utilidade pública e urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, os bens e dereitos necesarios para a execución das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

Na súa virtude, logo do levantamento das actas previas á ocupación o pasado día 25 de marzo de 2025 e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, asináronse as actas de depósito previo e de ocupación o día 23 de abril de 2025.

Unha vez efectiva a consignación do depósito previo á ocupación na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, designada para actuar como representante da Administración expropiante, resolve notificarlles aos expropiados a dita consignación.

Ademais, co fin de efectuar o pagamento por parte da entidade beneficiaria Portos de Galicia do depósito previo e o prezo xusto, unha vez determinado este último, tamén se requiren os expropiados para que presenten a seguinte documentación segundo corresponda, de forma presencial en rexistro público ou electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, a través de solicitude xenérica con código PR004, dirixida a Portos de Galicia:

a) Documento que acredite a titularidade do ben expropiado (nota rexistral ou escritura pública).

b) En caso de varios titulares, poder notarial a favor dun deles que permita actuar ante entidades bancarias e recibir transferencias bancarias en nome de todos.

c) Certificado bancario da conta en que se realizará a transferencia, que deberá de estar ao nome do titular ou dun dos titulares en que conste o poder citado na letra b).

d) Poder de representación, se actúa en nome doutra persoa, que permita realizar as actuacións anteriores.

e) En caso de herdanzas, escritura de aceptación de herdanza ou declaración de herdeiros.

Este anuncio notificaráselles aos interesados identificados e será tamén obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior circulación da provincia respectiva e no taboleiro de anuncios do concello.

Xúntase con esta resolución como anexo a relación de parcelas e de persoas propietarias afectadas pola expropiación, así como a respectiva contía conxunta do depósito previo e a indemnización pola rápida ocupación, no caso de existir esta última.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

Roberto Corbal González
Subdirector xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación
da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Relación de bens e dereitos de necesaria expropiación
e contía do depósito previo consignado

Identificación da

parcela con ref. catastral

Poboación e municipio

Persoa

propietaria

Domicilio

Total do depósito previo e indemnización por rápida ocupación

Sup. catastral do terreo e sup. afectada en m2

5326854NJ6152N0000KF

Maniños-Barallobre,

Fene

Mercedes Crego López

DNI: ***6248**

R/ Terra nº 9, 4º, 15402 Ferrol (A Coruña)

212,90 euros

765,00 m2

53268A1NJ6152N0001HG

Maniños-Barallobre,

Fene

María Dolores

Aradas Carril,

Laura Freijomil Aradas

Adrían Freijomil Aradas

DNI: ***1999**, ***1522**, ***1522**

Rúa da Estrada Castela 47, es.: 1, Pl: 04 PL: DR

15403 Ferrol (A Coruña)

35,77 euros

128,50 m2

5326895NJ6152N0001RG

Maniños-Barallobre,

Fene

Adelaida Rodríguez Meizoso

DNI:

CM Bouza de Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña)

15,92 euros

147,00 m2

5326874NJ6152N0001UG

Maniños-Barallobre,

Fene

María del Carmen Lemos Montanet

DNI: ***1321**

CR da Palma, 113, 15528 (A Coruña)

5,80 euros

37,00 m2

5326894NJ6152N0001KG

Maniños-Barallobre,

Fene

Jorge Francisco Crego Fojo,

Mercedes Crego López,

María del Carmen Crego Fojo

DNI :

***0120**

***6248**

***0120**

Rúa Sol, 84, 3º D, Ferrol 15402 (A Coruña)

30,86 euros

285,00 m2