DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29351

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2025 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde xustifícase polos cambios introducidos na súa estrutura orgánica polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, e polo Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, así como polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero, por razóns de eficacia e operatividade, estímase máis axeitada unha publicación completa e non parcial dela, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta en modificacións anteriores.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de maio de 2025, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde nos termos que se sinalan no anexo deste acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de maio de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file