No Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 2025, publícase a Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T); corrección de erros Diario Oficial de Galicia número 44, do 5 de marzo de 2025.
No anexo I da dita Resolución do 31 de decembro de 2024 recóllense as bases polas que se rexe o procedemento de selección das entidades para a execución do programa do concerto e establécese un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido na normativa aplicable, este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo do lote de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.
A resolución que poña fin ao procedemento de selección correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.
Así mesmo, segundo as cláusulas M.7 e M.8 da dita Resolución do 31 de decembro de 2024, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.
O anexo I da Resolución do 31 de decembro de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
Neste procedemento, a ausencia de propostas válidas que cumpran os requisitos establecidos determina que, con data do 9 de maio de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por delegación de competencias, emita a decisión coa declaración de deserto do procedemento de asignación de concerto social para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 9 de maio de 2025 ditada no procedemento BS213T para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas, que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de maio de 2025, que pon fin a este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolución do 9 de maio de 2025 pola que se declara deserto o procedemento de asignación de concerto social para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T)
1. O día 10 de febreiro de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T).
2. De acordo co indicado na dita resolución, a Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución deste concerto cunha contía máxima de 3.989.722,18 € (IVE incluído) no período 2025 (306 días) – ao 2029 (59 días). Este importe será financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, código de proxecto 2013 590. A realización deste concerto quedará condicionada á efectiva existencia de crédito na partida orzamentaria indicada polo importe referido nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
A distribución en anualidades (IVE incluído) é a seguinte:
|
Nº de prazas |
2025 |
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
|
8 |
835.629,70 € |
996.747,84 € |
996.747,84 € |
999.478,66 € |
161.118,14 € |
3. De acordo co establecido na epígrafe J) do anexo I da Resolución do 31 de decembro de 2024, a resolución deste concerto social correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.
Consideracións legais e técnicas:
1. Resolución do 31 de decembro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T).
2. No anexo I da dita Resolución do 31 de decembro de 2024 recóllense as bases polas que se rexe o procedemento de selección das entidades para a execución do programa do concerto e establécese un prazo de presentación de solicitudes dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. O prazo para a presentación de solicitudes rematou o 25 de febreiro de 2025. Durante este período, rexistrouse unha única solicitude presentada por Entelequia Educación, S.L.
Os días 20 de marzo de 2025 e 9 de abril de 2025 notificáronselle á entidade solicitante requirimentos para emendar a documentación presentada e outorgáronselle prazos de dez (10) días hábiles e tres (3) días hábiles, respectivamente.
4. Entelequia Educación, S.L. non presentou a documentación requirida no segundo requirimento, notificado e recibido o 9 de abril de 2025, nin achegou xustificación pola falta de resposta. Consecuentemente, declarouse a desistencia da súa solicitude mediante resolución notificada á entidade, conforme o artigo 71 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
5. Non se rexistraron outras solicitudes para o procedemento BS213T, polo que non se presentaron propostas válidas que cumprisen os requisitos establecidos.
6. De acordo co establecido na cláusula M) da Resolución do 31 de decembro de 2024, a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar deserto o procedemento de asignación do concerto social para a execución de programas de acollemento residencial dirixido a nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección e problemas de saúde mental, no centro de menores Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas), (código de procedemento BS213T), por non se ter presentado propostas válidas que cumpran os requisitos establecidos.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e anexo I, epígrafe J), da Resolución do 31.12.2024), Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
