En sesión que tivo lugar o 13 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 3 de xuño de xuño, ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
