En sesión que tivo lugar o 14 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 2 de maio de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, pola cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Convocar a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro).
Segundo. O primeiro exercicio de oposición, de conformidade coa base II.1.2.5 da convocatoria, terá lugar o día 3 de xuño de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no Seminario A da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela na rúa de Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
Terceiro. As persoas aspirantes, de conformidade coa base II.1.2.2, deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas dun lapis nº 2 e goma de borrar.
Cuarto. Non se permitirá o acceso nos espazos en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
José Manuel González González
Presidente do tribunal
