Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2024 (DOG número 29, do 9 de febreiro) a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Mediante a Resolución do 25 de marzo de 2024 (DOG número 67, do 5 de abril) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do antedito concurso de traslados de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral, en uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG número 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Elevar a definitiva a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Publicar a relación definitiva de persoas excluídas como anexo desta resolución.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Domínguez |
Novoa |
Alia |
***3218** |
12,32 |
|
Código do motivo da exclusión |
Descrición do motivo da exclusión |
|
12 |
Corpo/escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de Admón. non se corresponden ás do concurso |
|
32 |
Menos de 2 anos de desenvolvemento do posto con carácter definitivo |
