DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2025 Páx. 29582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal respecto ás condicións das edificacións en solo de núcleo rural, no concello de Sarria (expediente 2025AAE2981).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 8 de maio de 2025 sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal respecto ás condicións das edificacións en solo de núcleo rural, no concello de Sarria.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE2981).

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade