De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación cos procedementos sancionadores, en materia de conservación da natureza (Lei 5/2019, do 2 de agosto; BOE núm. 229, do 24 de setembro), é notificado ás persoas indicadas no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, á sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o devandito prazo, sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 9 de maio de 2025
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada/DNI/NIE/NIF |
Acto de notificación |
|
CON-CO-0006/2024-V |
DNI 76999880C |
Resolución |
|
CON-CO-0026/2024-V |
NIF B15263171 |
Resolución |
