De conformidade co artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da seguinte encarga a medio propio:
Resolución do 22 de abril de 2025, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a obra de substitución de estrutura cuberta e de material de cobertura no campamento xuvenil illa de Ons (Bueu, Pontevedra).
– Actividade: obra de substitución da estrutura de cuberta e do material de cobertura no campamento xuvenil da illa de Ons (Bueu, Pontevedra).
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: desde a sinatura do acordo da encarga ata o 20 de xuño de 2025.
– Financiamento: esta encarga tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.632.1 dos orzamentos de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
O importe total da encarga fíxase en setenta e seis mil douscentos nove mil con vinte e un céntimos (76.209,21 €).
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
