De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro ), faise público que durante trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de ceba de pavos con capacidade para 27.206 prazas e a construción dunha nova nave, promovido por Parrado Suárez, S.C. (J70829841) nas dependencias da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
