DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0120/2025-PRE e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0120/2025-PRE e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 12 de maio de 2025

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0120/2025-PRE

22868673A

Inicio

Avenida da Coruña, 159, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0150/2025-PPM

44843915X

Inicio

O Pereiro de Abaixo, 12, Obre (Santa María), 15213 Noia

PSC-CO-0242/2025-COP

53486615T

Inicio

Rúa Monumento, 16, 2º, 15960 Ribeira (A Coruña)

PSC-CO-0265/2025-V

47353688T

Inicio

Lg. Visedo, 16, 15214 Muxía (A Coruña)