BDNS (Identif:): 834577.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/834577
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade pesqueira na pesqueira do xurelo stock JAX/08C, na frota de cerco e determinados buques de artes menores dependentes da dita especie, durante o 2024, establecida pola Resolución do 26 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral de Pesca, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da dita actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
Esta orde ten por finalidade compensar os efectos do período de veda espazo temporal polo que se prohibe o acceso á zona CIEM VIIIc durante dous períodos de trinta días consecutivos, para elixir entre os meses de xaneiro, febreiro e decembro de 2024, previstos no punto 8 do anexo I e no punto 3.b) do anexo IV da Orde AAA/2534/2015, do 17 de novembro, pola que se establece un Plan de xestión para os buques dos censos do Caladoiro Nacional do Cantábrico e Noroeste.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 13 de maio de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva as persoas armadoras e non competitiva para as persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade pesqueira na pesquería do xurelo stock JAX/08C, na frota de cerco e determinados buques de artes menores dependentes da dita especie, durante o 2024 (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406E e PE406F).
Cuarto. Importe
Para o ano 2025, as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:
– Aplicación orzamentaria: 16.02.723A.770.0.
– Código de proxecto 2025.00154, para paralización temporal da actividade pesqueira.
– Importe total: 2.967.662,05 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:
- PE406E, axudas pola paralización temporal da actividade na pesqueira do xurelo stock JAX/08C das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 1.520.062,05 €.
- PE406F, axudas pola paralización temporal da actividade na pesqueira do xurelo stock JAX/08C das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 1.447.600 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
