Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 116, do 17 de xuño), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 22 de abril de 2025 (DOG núm. 82, do 30 de abril), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Niv. |
Observ. |
|
1 |
***4910** |
Rodríguez Frois, Roi |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
|||||||||
