DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29845

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

A Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O anterior exercicio realizouse o día 25 de marzo de 2025.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal