DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro) pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 12 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG número 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG número 25, do 6 de febreiro) e pola Resolución do 14 de febreiro de 2025 (DOG número 36, do 21 de febreiro), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar, logo da correspondente revisión, as alegacións ás puntuacións do primeiro exercicio, recibidas no prazo estipulado na base II.1.2.8 da convocatoria. O tribunal revisou os exames orixinais asociados ás alegacións e comproba que as puntuacións dadas son correctas. Non se aprecian erros na corrección do exame.

Segundo. Desestimar, logo da correspondente revisión, as reclamacións relativas ao cadro de respostas, por ser recibidas fóra de prazo. Estas reclamacións, de conformidade coa base II.1.2.7 da convocatoria, deberían interporse nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superan o primeiro exercicio ‒pola quenda de acceso libre‒ sesenta (60) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, tras fixarse en 105,5 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, superan o primeiro exercicio ‒pola quenda de promoción interna‒ seis (6) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, tras fixarse en 52 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. Non modificar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG número 20, do 29 de xaneiro), que están publicadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal