DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29985

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Meira de Abaixo

ANUNCIO da convocatoria da asamblea xeral ordinaria.

Javier Santiago Díaz, con DNI ***0840**, e actuando como presidente da Comunidade de Augas de Meira de Abaixo, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 28 de xuño de 2025, no local social de Meira (Moaña-Pontevedra), ás 16.30 horas en primeira convocatoria e ás 17.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2. Informe do presidente.

3. Informe de contas de 2024.

4. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2025.

5. Autorización á Xunta Directiva da solicitude de subvencións.

6. Proclamación dos resultados electorais e ratificación da nova Xunta Directiva.

7. Elección de novos membros do Xurado.

8. Rogos e preguntas.

Moaña, 28 de abril de 2025

Javier Santiago Díaz
Presidente da Comunidade de Augas de Meira de Abaixo