De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2025 por esta Fundación.
|
Data sinatura |
Importe con cargo ao orzamento da Fundación |
Convenio |
|
11.3.2025 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición Outras Historias Posibles. |
|
17.3.2025 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a itinerancia da exposición Nicolás Muller en Galicia. |
|
20.3.2025 |
0,00 € |
Convenio de colaboración para a itinerancia da experiencia de realidade virtual Hábitats. |
|
2.4.2025 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para facilitar ás entidades locais que se adhiran a cesión gratuíta temporal de diversos espazos da Cidade da Cultura de Galicia. |
|
23.4.2025 |
0,00 € |
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Vigo e Fundación Cidade da Cultura de Galicia para realizar prácticas académicas externas por parte do estudantado. |
|
23.4.2025 |
0,00 € |
Acordo de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento do ciclo musical «Atardecer no Gaiás» no exercicio 2025. |
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025
Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
