DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a medio especialidade de educador/a social, de Administración especial (A2), mediante o sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 73, do 16 de abril de 2025, foron publicadas integramente as bases que regulan a convocatoria para a praza de técnico/a medio especialidade de educador/a social, de Administración especial (A2), mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.

Ortigueira, 2 de maio de 2025

José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde