O Pleno do Concello da Fonsagrada, na sesión do 15 de maio de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual non substancial do Plan xeral de ordenación municipal, relativo á catalogación dos elementos patrimoniais existentes nunha parcela situada na rúa Maior, 1, na súa confluencia coa rúa Parque, en concreto a parcela con referencia catastral 7267101PH5776N0001SE.
De acordo co establecido no artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, o referido expediente exponse ao público durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio.
O proxecto estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:
– Concello da Fonsagrada, praza do Concello, s/n, os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.
– Na sede electrónica do Concello da Fonsagrada: https://www.afonsagrada.org
A Fonsagrada, 20 de maio de 2025
Carlos López López
Alcalde
