DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2023/430-1).

Expediente: IN407A 2023/430-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado número 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806).

Concello: Ponteceso.

Feitos:

1. O día 26.12.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica citada. Co obxecto de adecuar as instalacións de media tensión nun punto dun tramo aéreo da liña de distribución denominada LMT CBA806 Ponteceso, 6, procedente da subestación Cabana, situado na parroquia de Tella (Santo Eleuterio), concello de Ponteceso, proxéctase a substitución dun elemento de manobra e seccionamento xa instalado nun apoio existente de formigón para substituír por outro de tipo metálico e instalando un reconectador-seccionador, e substituíndo o condutor do van existente entre este apoio e o anterior da dita liña.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado número 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806), asinado o día 2.6.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado LE-1010, así como a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 20.2.2024.

• BOP: 2.2.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 8.2.2024.

• Taboleiro de anuncios do concello: con datas 29.1.2024 e 24.5.2024 solicitóuselle ao Concello de Ponteceso a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

3. Durante o período durante o cal o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Brión, Augas de Galicia e Servizo de Infraestruturas Agrarias.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos polo Concello de Brión de Infraestruturas Agrarias no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución non consta no expediente resposta de Augas de Galicia á solicitude de informe.

5. O día 22.4.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Tella (Santo Eleuterio), concello de Ponteceso, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV, de 13 m, condutor tipo LA-56 Cruce mm² Al (existente en LA-30), con orixe no apoio número 9NDFAV31//27 existente da LMT CBA806 Ponteceso 6, procedente da subestación Cabana, e remate no apoio número 9NDGRR6A//27-1 existente de formigón para substituír por tipo C-2000/14 (H-35), no cal se instalará un PA/S para a LMTS CBA8064159 existente.

– Instalación de reconectador-seccionador en apoio número 27-1 para substituír e retirada do seccionador XS (IN407A 05/196) existente.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e o ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 29 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de reconectador seccionador no apoio proxectado número 9NDGRR6A//27-1 (LMT CBA-806)

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Ponteceso

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15069A007009840000PF

Lugar de

Milleiras

Novo apoio

núm. 27-1 (RCS)

2

Matogueira