De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 1 de abril de 2025, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se encomenda á Fundación Semana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da décimo novena convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, coas seguintes características:
– A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para o desenvolvemento da décimo novena convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, programadas para o día 24 de maio de 2025, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, ás directrices de execución e ao cronograma de actividades que se van desenvolver.
– A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de Galicia, de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida en que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.
– Prazo de vixencia: do 19 de maio ao 27 de maio de 2025.
– Importe: o importe da encomenda ascende a cincuenta e dous mil cento corenta e catro euros con quince céntimos (52.144,15 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.323A.226.13.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego,
Comercio e Emigración
