DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29701

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2025 (código de procedemento TR807J).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resólvese publicar as subvencións concedidas que se indican no anexo a esta resolución.

Finalidade da subvención: esta orde ten por obxecto subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

Norma reguladora: Orde de 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2025.

Aplicación orzamentaria: 14.02.324A.480.6.

Crédito orzamentario: 400.000 € que se distribúe en: 50 % para asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Aplicación orzamentaria 14.02.324A.480.6

Organización

CIF

Contía concedida

Central Sindical Independiente y de Funcionarios CSIF

G79514378

10.226,56 €

Unión Xeral de Traballadores de Galicia UGT

G15383011

62.076,16 €

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia CC.OO.

G15103112

54.845,00 €

Confederación Intersindical Galega CIG

G36706927

72.852,28 €

Confederación de Empresarios de Galicia CEG

G15080476

200.000,00 €