DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2025 Páx. 29851

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025 pola que se nomea persoal laboral fixo do grupo I, categoría titulado/a superior.

O 27 de setembro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de setembro de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

Mediante a Resolución do 26 de novembro 2024, a Dirección de ACSUG nomeou o tribunal cualificador do proceso selectivo (DOG núm. 234, do 4 de decembro).

Mediante a Resolución do 12 de maio de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo publicou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Con data do 15 de maio de 2025, acreditouse que a persoa seleccionada reúne os requisitos e as condicións exixidos na convocatoria do proceso selectivo.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador do proceso selectivo e nomear a persoa que se relaciona no anexo desta resolución como persoal laboral fixo do grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), tras a superación do proceso selectivo convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024 (DOG núm. 187, do 27 de setembro).

2. Notificarlle á persoa seleccionada que deberá formalizar o seu contrato no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2025

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Persoa seleccionada para a contratación como persoal laboral fixo

Grupo:

I

Categoría:

titulado/a superior

Núm. postos:

1

DNI:

Nome:

***9511**

Sierra Sánchez, María Dolores