DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30065

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2025

Convenio

Data da sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Baiona, para o financiamento das obras da fase II da humanización da travesía interior de Sabarís

22.1.2025

545.674,67

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Poio, para a humanización da estrada autonómica PO-308 ao seu paso polo concello de Poio (1ª fase)

28.1.2025

1.214.451,22

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos, para a remodelación da avenida de Puxeiros-avenida do Rebullón

18.2.2025

600.000,00

Addenda ao convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (actual Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible) e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (actual Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas), para a rehabilitación da ponte internacional sobre o río Miño entre Salvaterra de Miño e Monção

14.3.2025

136.885.47