Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2025 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.
RESOLVO:
Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos/das participantes
1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras administracións, entidades, organismos e institucións públicas da Comunidade Autónoma, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 3 de xuño de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.
3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
6. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
– O software correspondente a cada actividade indicado no anexo II desta resolución.
Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán ademais cun manual de usuario na páxina web da EGAP na seguinte ligazón <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos>, onde se indica como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.
7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.
8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 63 35, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 62 73 e 881 99 70 44 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.
A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.
As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, se é o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.
Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.
As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, a rectificación, a limitación e a supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
1. Os criterios de selección que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio), e posteriores modificacións, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2025 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), comezarase pola letra F.
2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas
1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia.
a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para formalizar a renuncia poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:
1º. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
2º. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
3º. Por razóns de conciliación familiar.
4º. Por outras causas xustificadas documentalmente.
O feito de non contar co software correspondente a cada actividade indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar á actividade formativa fóra de prazo.
3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:
3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.2. Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3.3. Seguimento das actividades de modalidade mixta (teleformación e telepresencial/presencial).
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas presenciais e/ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
d) As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
4. A asistencia e a puntualidade:
É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas, excepto que concorra algunha das causas recollidas no número 2.b) da base sétima.
Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.
As persoas que non se presenten ás probas na quenda asignada perderán o dereito ao certificado de superación da proba.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar as actividades formativas será necesario cumprir os seguintes requisitos:
a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no número 3.1, alínea c), e superar a proba de avaliación que se realizará ao final delas.
b) Para as actividades de teleformación:
– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.
– A superación dunha proba de avaliación final.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP
1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Denominación |
Persoal destinatario |
Prazas |
Horas |
Modalidade/Localidade |
Data inicio |
Data remate |
Data e horario do exame |
|
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
||||||||
|
FC25115 |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base) |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
50 |
50 |
Teleformación |
29.9.2025 |
17.11.2025 |
21.11.2025 20.00 h |
|
FC25118 |
Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress) |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
50 |
30 |
Teleformación |
13.10.2025 |
12.11.2025 |
18.11.2025 20.00 h |
|
FC25119 |
Declaración do imposto de sucesións. Uso avanzado do programa de axuda á liquidación do imposto de sucesións (ALISe). |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Terán preferencia: 1. Persoal ao servizo da Atriga 2. Persoal da Consellería de Facenda 3. Resto de persoal ao servizo da Administración autonómica. |
35 |
38 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 20.10.2025 ao 14.11.2025 Sesións de telepresenza: 20, 21, 22, 28 de outubro e 4 e 12 de novembro das 16.30 ás 19.30 h |
19.11.2025 20.00 h |
|
|
FC25121 |
Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
12 |
Telepresenza |
7, 9, 14, 16, 21, 23 de outubro das 16.30 ás 18.30 h |
23.10.2025 18.00 h |
|
|
FC25122 |
Sistema de información tributaria (Xeito) e expediente tributario electrónico |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
35 |
30 |
Telepresenza |
8, 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de outubro das 16.30 ás 19.30 h |
29.10.2025 19.00 h |
|
|
FC25123 |
Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teña coñecementos de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc) |
50 |
50 |
Teleformación |
6.10.2025 |
24.11.2025 |
28.11.2025 17.30 h |
|
FC25206 |
Notificacións no sistema de información tributaria Xeito |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
35 |
20 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 3.11.2025 ao 19.11.2025 Sesións de telepresenza: 5, 7, 12 e 14 de novembro das 11.00 ás 13.00 h |
24.11.2025 19.00 h |
|
|
FC25209 |
Ferramentas de análise de datos |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (Ver ficha para máis información). |
35 |
15 |
Presencial + Telepresenza |
Sesións de telepresenza: 30 de setembro, 14 e 28 de outubro das 17.00 ás 19.30 h Sesións presenciais: 3, 10 e 31 de outubro das 12.00 ás 14.30 h |
31.10.2025 14.00 h |
|
|
Consellería do Mar |
||||||||
|
FC25184 |
Introdución á oceanografía física de Galicia |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
20 |
30 |
Presencial |
Do 20 ao 23 de outubro (luns a xoves) das 9.30 ás 13.15 h Do 27 ao 30 de outubro (luns a xoves) das 9.30 ás 13.15 h |
30.10.2025 12.45 h |
|
|
FC25185 |
Formación en inspección pesqueira |
Persoal do Servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas, resto de persoal da Consellería do Mar que realice funcións de inspección e inspectores veterinarios doutras consellerías. |
30 |
15 |
Presencial |
27, 28 e 29 de outubro das 9.00 ás 14.00 h |
29.10.2025 13.30 h |
|
|
Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios |
||||||||
|
FC25186 |
A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
30 |
14 |
Presencial + Telepresenza |
Sesións de telepresenza: 16, 18 e 23 de setembro das 17.00 ás 19.30 h e 30 de setembro das 17.00 ás 20.00 h Sesión presencial. 25 de setembro das 17.00 ás 20.30 h |
30.9.2025 19.30 h |
|
|
FC25202 |
Introdución aos Fondos Europeos |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e persoal da Administración local e que as funcións dos destinatarios estean relacionadas cos fondos europeos, preferentemente A1, A2 e C1. |
30 |
20 |
Presencial |
3, 5 e 10 de novembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h 12 de novembro das 10.00 ás 12.00 h |
12.11.2025 11.30 h |
|
|
FC25204 |
Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). |
50 |
25 |
Teleformación |
22.9.2025 |
17.10.2025 |
21.10.2025 18.30 h |
|
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
||||||||
|
FC25187 |
A estrutura do emprego público e ordenación dos recursos humanos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: a elaboración da relación de postos de traballo (RPT) |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
1.10.2025 |
20.10.2025 |
23.10.2025 17.30 h |
|
FC25188 |
A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
2.10.2025 |
23.10.2025 |
28.10.2025 17.30 h |
|
FC25189 |
A xurisdición contencioso-administrativa |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
25 |
Teleformación |
20.10.2025 |
14.11.2025 |
19.11.2025 17.00 h |
|
FC25190 |
Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
35 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 13.10.2025 ao 20.11.2025 Sesións de telepresenza: 23 e 30 de outubro, e 6 e 13 de novembro das 16.30 ás 19.00 h |
25.11.2025 19.00 h |
|
|
FC25191 |
Básico de subvencións e normativa aplicable |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
30 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 6.10.2025 ao 4.11.2025 Sesións de telepresenza: 13 e 27 de outubro das 16.30 ás 19.00 h |
10.11.2025 18.00 h |
|
|
FC25192 |
Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
29.10.2025 |
19.11.2025 |
24.11.2025 17.30 h |
|
FC25194 |
Integridade institucional e plans antifraude |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
30.10.2025 |
20.11.2025 |
26.11.2025 18.00 h |
|
FC25195 |
Legalidade das actas de inspección. A función inspectora |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
25 |
Teleformación |
24.9.2025 |
19.10.2025 |
23.10.2025 16.30 h |
|
FC25196 |
Os convenios na Administración autonómica: visión práctica, diferenzas e límites |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
40 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 29.9.2025 ao 6.11.2025 Sesións de telepresenza: 20 e 27 de outubro, e 3 e 10 de novembro das 16.30 ás 19.00 h |
12.11.2025 17.30 h |
|
|
FC25199 |
Técnicas para a elaboración de pregos de contratación pública |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
30 |
Teleformación |
25.9.2025 |
26.10.2025 |
30.10.2025 16.30 h |
|
FC25200 |
A nova Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
12 |
Teleformación |
13.10.2025 |
24.10.2025 |
29.10.2025 18.00 h |
|
FC25203 |
O procedemento de contratación. Problemáticas actuais e doutrina vixente dos tribunais de contratación pública |
Subgrupos A1, A2 e C1 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das administracións locais. |
30 |
21 |
Presencial |
10, 12, 13, 17, 19, 24 e 26 de novembro das 16.30 ás 19.30 h |
26.11.2025 19.00 h |
|
|
FC25205 |
Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
23.10.2025 |
10.11.2025 |
14.11.2025 18.30 h |
|
FC25207 |
Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
30.9.2025 |
20.10.2025 |
24.10.2025 18.00 h |
|
FC25208 |
A incorporación dos obxectivos de desenvolvemento sostible aos procedementos de contratación pública |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
35 |
20 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 30.10.2025 ao 16.11.2025 Sesións de telepresenza: 5 e 12 de novembro das 17.00 ás 19.30 h |
20.11.2025 17.00 h |
|
|
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
||||||||
|
FC25197 |
Técnicas de xestión executiva no sector público |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
15.9.2025 |
5.10.2025 |
9.10.2025 16.30 h |
|
FC25198 |
Técnicas e habilidades para a organización de reunións produtivas |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
12 |
Telepresenza |
20, 21, 22 e 23 de outubro das 16.30 ás 19.30 h |
23.10.2025 19.00 h |
|
|
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: prevención de riscos laborais |
||||||||
|
FC25201 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
12 |
Presencial A Coruña |
18 e 19 de setembro das 8.30 ás 14.30 h |
Práctico |
|
|
FC25201 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
12 |
Presencial Ourense |
2 e 3 de outubro das 8.30 ás 14.30 h |
Práctico |
|
|
FC25201 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
12 |
Presencial Pontevedra |
16 e 17 de outubro das 8.30 ás 14.30 h |
Práctico |
|
|
FC25201 |
Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
12 |
Presencial Santiago de Compostela |
6 e 7 de novembro das 8.30 ás 14.30 h |
Práctico |
|
|
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes |
||||||||
|
FC25210 |
Asociacións sen ánimo de lucro e fundacións de interese galego |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Terán unha especial interese no curso aqueles empregados públicos que traballen no ámbito xurídico, así como na contorna das subvencións e a contratación pública. |
50 |
30 |
Teleformación |
1.10.2025 |
3.11.2025 |
10.11.2025 17.00 h |
|
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático |
||||||||
|
FC25211 |
Avanzado en sistemas de información xeográfica (SIX): ArcGIS PRO |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro das 9.30 ás 14.30 h |
30.10.2025 14.00 h |
|
|
FC25212 |
Elaboración de actas e informes de inspección ambiental |
O curso diríxese ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do subgrupo A1 da Administración pública autonómica de Galicia que realice funcións de inspección ambiental, así como ao resto do persoal técnico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que exerza funcións inspectoras. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, do grupo A da Administración pública autonómica de Galicia, que estea en posesión da titulación universitaria en Química, Bioloxía, Enxeñaría ou Veterinaria e realice funcións relacionadas coa inspección. |
25 |
20 |
Presencial Santiago de Compostela |
7, 14, 21 e 28 de outubro das 9.30 ás 14.30 h |
28.10.2025 14.00 h |
|
|
Consellería de Facenda e Administración Pública |
||||||||
|
FC25213 |
Análise e visualización espacial da información estatística con R |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. É necesario ter coñecementos medios de R. |
20 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
16 e 22 de setembro das 12.00 ás 14.00 h 17, 25 e 30 de setembro das 11.30 ás 14.00 h 1, 9, 14, 15 e 29 de outubro das 11.30 ás 14.00 h 6, 20 e 28 de outubro das 12.00 ás 14.00 h |
29.10.2025 13.30 h |
|
|
FC25214 |
Básico de análise de datos con Tableau |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional que teñan interese nas ferramentas de organización e visualización de datos. |
50 |
30 |
Teleformación |
23.10.2025 |
24.11.2025 |
27.11.2025 16.30 h |
|
FC25217 |
Visión xeral de tecnoloxías disruptivas orientado a persoal TIC |
Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
35 |
50 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 6.10.2025 ao 24.11.2025 Sesións de telepresenza: 14 e 21 de outubro, e 4 e 11 de novembro, das 9.00 ás 11.30 h |
28.11.2025 16.30 h |
|
|
FC25215 |
Ferramentas para analítica de datos orientado a persoal TIC |
Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
35 |
60 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 29.9.2025 ao 20.11.2025 Sesións de telepresenza: 7 e 21 de outubro, e 4 e 18 de novembro das 9.30 ás 13.30 h |
24.11.2025 18.00 h |
|
|
FC25216 |
Git e Github orientado a persoal TIC |
Persoal informático funcionario ou laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
30 |
Teleformación |
23.10.2025 |
23.11.2025 |
26.11.2025 16.30 h |
|
Consellería de Economía e Industria |
||||||||
|
FC25218 |
Iniciación para a formación de investigadores no software libre R |
Investigadores e técnicos das OPI da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. No caso de que sobren prazas ofertarase a investigadores e técnicos das OPI doutras consellerías. |
30 |
40 |
Teleformación + Telepresenza |
Do 1 ao 26 de outubro Sesións de telepresenza: 1, 8, 15 e 22 de outubro das 17.00 ás 19.00 h |
29.10.2025 19.30 h |
|
|
FC25219 |
Introdución aos mercados de carbono |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, dos grupos A1 e A2. |
50 |
25 |
Teleformación |
29.9.2025 |
22.10.2025 |
27.10.2025 18.30 h |
|
FC25220 |
Técnicas de boa redacción dos informes e actas nos expedientes de minas |
Persoal enxeñeiro superior e técnico de minas da Consellería de Economía e Industria |
30 |
8 |
Presencial Santiago de Compostela |
27 e 28 de outubro das 10.00 ás 14.00 h |
28.10.2025 13.30 h |
|
|
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas |
||||||||
|
FC25221 |
Básico de sistemas de información xeográfica (SIX) aplicado á xestión de estradas |
Persoal técnico da Axencia Galega de Infraestruturas. Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
29 de setembro e 1, 6, 8, 13 e 15 de outubro das 9.30 ás 14.30 h |
15.10.2025 14.00 h |
|
|
FC25222 |
Construción industrializada. Modelos de xestión para os técnicos da Administración |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. Dirixido fundamentalmente a arquitectos e arquitectos técnicos de oficinas de supervisión de proxectos ou seguimento de obras da Administración. |
30 |
20 |
Presencial + Telepresenza |
Sesións de telepresenza: 9, 11, 16, 18 e 23 de setembro, das 17.00 ás 19.30 h 25 de setembro, das 17.00 ás 18.30 h Sesións presenciais: 12 de setembro, visita das 10.00 ás 13.00 h e 19 de setembro visita das 10.00 ás 13.00 h |
25.9.2025 18.00 h |
|
|
FC25223 |
Formación no emprego do programa ArcXIS PRO para persoal técnico urbanístico |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
12, 19 e 26 de novembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h 3 e 10 de decembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h |
10.12.2025 17.30 h |
|
|
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración |
||||||||
|
FC25224 |
Análise, avaliación e deseño de medios de protección para a seguridade das máquinas |
Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia e outro persoal interesado ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
12 |
Presencial Santiago de Compostela |
23 de setembro das 9.15 ás 14.15 h e das 15.30 ás 17.30 h 24 de setembro das 9.15 ás 14.15 h |
24.9.2025 13.45 h |
|
|
FC25225 |
Aplicacións da intelixencia artificial no ámbito da PRL |
Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia e outro persoal interesado ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
25 |
15 |
Telepresenza |
18, 20, 24, 26 e 28 de novembro das 10.00 ás 13.00 h |
28.11.2025 12.30 h |
|
|
FC25226 |
Formación sobre axentes canceríxenos, mutáxenos e reprotóxicos. Obradoiro práctico sobre identificación e medidas preventivas |
Persoal técnico do Issga e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia e outro persoal interesado ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
15 |
Presencial Santiago de Compostela |
28, 29 e 30 de outubro das 9.15 ás 14.15 h |
30.10.2025 13.45 h |
|
|
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional |
||||||||
|
FC25227 |
A atención ao alumnado con discapacidade visual nas diferentes modalidades de ensino |
Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española. |
30 |
15 |
Telepresenza |
20, 21, 23, 24, 27 e 28 de outubro das 16.30 ás 19.00 h |
28.10.2025 18.30 h |
|
|
FC25228 |
Diversidade funcional e sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC) |
Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Persoal educador e auxiliar coidador. Intérpretes da lingua de signos española. |
30 |
15 |
Telepresenza |
6, 7, 9, 13, 14 e 16 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h |
16.10.2025 18.30 h |
|
|
FC25229 |
Os problemas de comportamento no ámbito educativo |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
15 |
Telepresenza |
22, 23, 25 e 30 de setembro e 1 e 3 de outubro das 16.30 ás 19.00 h |
03.10.2025 18.30 h |
|
|
FC25230 |
Promoción e mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos |
Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Persoal educador e auxiliar coidador. Intérpretes da lingua de signos española |
30 |
15 |
Telepresenza |
13, 14, 16, 21, 22 e 24 de outubro das 16.30 ás 19.00 h |
24.10.2025 18.30 h |
|
|
FC25231 |
Seguridade e protección de datos no ámbito educativo |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nos centros educativos públicos ou relacionados co tratamento de datos de centros educativos. |
50 |
10 |
Teleformación |
3.11.2025 |
13.11.2025 |
18.11.2025 16.30 h |
|
Consellería do Medio Rural |
||||||||
|
FC25232 |
Aplicacións informáticas específicas para a xestión de axudas da PAC |
Persoal técnico agrario que preste servizos no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Persoal técnico agrario da Consellería do Medio Rural e dos demais entes dependentes da Consellería. |
25 |
30 |
Presencial Santiago de Compostela |
24, 25 de setembro das 10.30 ás 14.30 h e das 16.00 ás 18.30 1, 2 de outubro das 10.30 ás 14.30 h e das 16.00 ás 18.00 h 8 de outubro das 9.00 ás 14.00 h |
8.10.2025 13.30 h |
|
|
FC25233 |
Control oficial da seguridade alimentaria na produción primaria gandeira |
Persoal veterinario que preste servizos nos servizos de Gandaría da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Persoal veterinario da Consellería do Medio Rural e dos demais entes dependentes da Consellería. En caso de vacantes, persoal veterinario ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
30 |
20 |
Presencial Santiago de Compostela |
3, 10, 17, e 24 de setembro das 9.30 ás 14.30 h |
24.9.2025 14.00 h |
|
|
FC25234 |
Formación en horta ecolóxica |
Persoal técnico da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Persoal técnico das oficinas rurais. Persoal técnico da Consellería do Medio Rural. |
30 |
20 |
Presencial Santiago de Compostela |
10 e 11 de novembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 19.00 h 12 de novembro das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h |
12.11.2025 17.30 h |
|
|
FC25236 |
Deseño e control de proxectos de infraestruturas viarias |
Persoal técnico agrario que preste servizos na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Persoal técnico agrario da Consellería do Medio Rural e dos demais entes dependentes da Consellería. |
30 |
25 |
Telepresenza |
14 de outubro das 10.00 ás 13.30 h 21 e 28 de outubro das 10.00 ás 12.30 h 4 de novembro das 10.00 ás 12.30 h 11, 18 e 21 de novembro das 10.00 ás 13.30 h 2 de decembro das 10.00 ás 13.30 h |
2.12.2025 13.00 h |
|
|
Consellería de Política Social e Igualdade: política social |
||||||||
|
FC25235 |
Acompañamento emocional á mocidade |
Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional. |
50 |
20 |
Teleformación |
13.10.2025 |
7.11.2025 |
13.11.2025 17.00 h |
