DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente 15S002/24/2023 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director territorial do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, á Norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de maio de 2025

Alejandro Bregua Cousillas
Xefe do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15S002/24/2023.

CIF/NIF: B-87194668.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15S002/40/2023.

CIF/NIF: B-66385436.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15S002/62/2024.

CIF/NIF: B-56514938.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15S002/71/2024.

CIF/NIF: X8648268S.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.