Ás 10.00 horas do día 19 de xuño de 2025 terá lugar na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situado no Edificio Administrativo Igape no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun/dunha letrado/a da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral, e un/unha empregado/a público/a da Subdirección de RR.HH. e Xestión Administrativa do Igape, que actuará como secretario/a, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais do Instituto Galego de Promoción Económica que se describen a continuación e dos que foron acordadas as condicións do seu alleamento mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de maio de 2025.
Lote 1. Nave sita en Ribadumia (Pontevedra).
Natureza do predio: urbana.
Datos rexistrais: Inscrita a nome do Igape no Rexistro da Propiedade de Cambados número 1, predio rexistral número 8.087, tomo 1339, libro 96 e folio 128.
Referencia catastral: D70100100NH10F0001AF e 36046A001000020000YP.
Superficie: superficie do terreo rexistrada de 8.692,25 m². Superficie construída: superficie rexistrada da nave de 2.077,00 m².
Localización: rúa A Barca, nº 6 e 8, Sisán, Ribadumia (Pontevedra), código postal 36636.
Lindeiros: norte, río Umia; sur, estrada de Vilagarcía a Gondar; leste, Marisol Padín, e oeste; camiño ao Río.
Descrición: nave dunha planta sobre rasante.
Tipo mínimo de licitación, primeira poxa: 518.891,28 € Garantía para participar: 103.778,26 €.
Tipo mínimo de licitación, segunda poxa: 415.113,02 €. Garantía para participar: 83.022,60 €.
Tipo mínimo de licitación, terceira poxa: 332.090,42 €. Garantía para participar: 66.418,08 €.
Tramos da poxa: 1.000 €.
Prezo do anuncio: estímase en 4.732,80 € (con IVE).
Se a primeira poxa queda deserta, o lote poderá ofertarse sucesivamente en segunda e terceira poxa, o mesmo día e a continuación, cunha rebaixa no tipo mínimo de licitación dun 20 % en cada unha delas.
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben ante a Mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na conta do Igape na entidade Abanca, con número ES83 2080 0388 2731 1000 0584.
Lote 2. Predio rústico en Arteixo (A Coruña).
Natureza do predio: rústica.
Datos rexistrais: predio rexistral nº 33.012. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arteixo: tomo 3.244, libro 496, folio 100.
Referencia catastral: 15005A001000150000PI.
Superficie: superficie do terreo rexistrada de 12.320 m².
Localización: predio a monte que chaman San Tirso no lugar de Rañal, parroquia de San Tirso de Oseiro, concello de Arteixo, provincia da Coruña.
Lindeiros: norte, Emilio Quesada Fernández (agora, parcelas 2 e 285 do polígono 1 Arteixo); sur, terreos do polígono industrial de Sabón; este, Ramón Arigo e herdeiros de Luis Mallo (agora, parcelas 329 e 330 do polígono 1 Arteixo), e oeste; camiño de servizo que separa a porción segregada (agora, camiño de servizo parcela 9203 do polígono 1 Arteixo).
Descrición: predio rústico destinado a matogueira, en solo non urbanizable común.
Tipo licitación, primeira poxa: 23.410,51 €. Garantía para participar: 4.682,10 €.
Tipo licitación, segunda poxa: 18.728,40 €. Garantía para participar: 3.745,68 €.
Tipo licitación, terceira poxa: 14.982,73 €. Garantía para participar: 2.996,55 €.
Tramos da poxa: 1.000 €.
Prezo do anuncio: estímase en 213,68 € (con IVE).
Se a primeira poxa queda deserta, o lote poderá ofertarse sucesivamente en segunda e terceira poxa, o mesmo día e a continuación, cunha rebaixa no tipo mínimo de licitación dun 20 % en cada unha delas.
Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do ben ante a Mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na conta do Igape na entidade Abanca, con número ES83 2080 0388 2731 1000 0584.
Serán por conta dos adxudicatarios os gastos dos anuncios, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.
O prego de condicións que rexe o presente alleamento está ao dispor das persoas interesadas na Subdirección de RR.HH. e Xestión Administrativa do Igape, no edificio Igape, Barrio de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, así como na páxina web do Igape no enderezo: www.igape.es
A cualificación urbanística dos inmobles indicadas con anterioridade ten simples efectos informativos. As persoas interesadas que desexen unha maior concreción para tales efectos poderán instar unha certificación oficial aos concellos onde estean localizados os inmobles, conforme o disposto no artigo 87 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Teléfonos de información: 900 81 51 51, 981 54 11 41 e 981 54 11 51.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
