Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 20 de maio de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 28623, onde di:
«ANUNCIO do 6 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Marín (expediente DH.W36.106596)».
Debe dicir:
«ANUNCIO do 6 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Pontevedra (expediente DH.W36.106596)».
Onde di:
«coa ampliación da plataforma existente entre o sur de Pontevedra e a periferia de Marín, reordenación da sección e eliminación de barreiras no treito Praceres-Marín».
Debe dicir:
«As obras desta fase comprenden, en 3,5 km, a ampliación da plataforma existente entre o sur de Pontevedra e a periferia de Marín, reordenación da sección e eliminación de barreiras no treito Mollavao-Os Praceres, no concello de Pontevedra».
E onde di:
«co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Marín ou nas oficinas deste servizo».
Debe dicir:
«co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Pontevedra ou nas oficinas deste servizo».
