DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2025 Páx. 30161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de abril de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Arzúa (expediente DH.A15.90094).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: CCUU de Augas do Vilar-Maroxo.

DNI: ***4066**.

Expediente: DH.A15.90094.

Volume total anual: 1.792,8 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,42 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 569.444, y= 4.749.916 (fuso29 ETRS89).

Lugar: O Vilar.

Parroquia: Maroxo (Santa María).

Concello: Arzúa.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas subterráneas procedentes do manancial Cruz de Couso, na parcela 15006A513005090000DZ, mediante aros de formigón de 1,20 m de diámetro e 1,50 metros de profundidade. Desde aquí as augas lévanse en tubo de PVC de 90 mm de diámetro ata a arqueta 1 e, por gravidade, condúcense ata a parcela 15006A513005090000DZ, onde se encontra a caseta en que se sitúan 10 depósitos de 2.000 litros cada un. A partir de aquí, distribúese a auga ás vivendas que se van abastecer, no lugar do Vilar, parroquia de Maroxo, mediante tubaxe de polietileno de 25 mm de diámetro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro