O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2025, que se incorporan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025
|
Descrición |
Importe |
Data |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia para establecer as condicións de colaboración coa finalidade de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
40.000 € |
9.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
125.000 € |
10.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura, para o estudo das estratexias de biorremediación na ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) e no berberecho (Cerastoderma edule). Biorem. |
698.094,61 € |
13.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
25.000 € |
14.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do Proxecto novas ferramentas para detectar a alga invasora Rugulopteryx Okamurae mediante ADN ambiental (ALGASDET). |
203.220 € |
14.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2025. |
202.070 € |
15.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia para a mellora competitiva das empresas do mar no ano 2025. |
148.000 € |
17.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
8.000 € |
20.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para a realización dunha serie de programas sobre o sector pesqueiro e igualmente a difusión de informacións diarias sobre a actualidade do sector no ano 2025. |
100.000 € |
20.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
125.000 € |
22.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
8.000 € |
25.1.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os gastos correntes que se produzan no ano 2025. |
125.000 € |
5.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun modelo de equilibrio xeral computable e medición do posible impacto dunha baixada do IVE do peixe e do marisco nas preferencias dos consumidores no ano 2025. |
45.380 € |
14.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Organización Interprofesional Pesqueira Interfish-España, para promoción e a mellora da comercialización das especies pesqueiras incluídas no recoñecemento desta organización no ano 2025. |
200.000 € |
17.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia para a promoción e a mellora da comercialización do mexillón certificado DOP, no ano 2025. |
200.000 € |
20.2.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Agencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., a través do Instituto de Investigaciones Marinas (IMM), para a realización do Proxecto do estudo da resposta inmune da ameixa rubia (polititapes rhomboides) fronte a factores ambientais. RIFA. |
231.305 € |
6.3.2025 |
|
Addenda de prórroga e modificación do acordo de colaboración para a realización de actividades de apoio mutuo entre a Consellería do Mar e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no ámbito da oceanografía operacional. |
Sen custo |
13.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Agencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), para a realización do Proxecto do estudo integral das condicións sedimentarias óptimas para a mellora da produtividade de bivalvos en bancos marisqueiros: condicións hidrodinámicas, xeomorfolóxicas, texturais e bioxeoquímicas. MARISLAB. |
199.700 € |
27.3.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración, co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial, a visibilización do seu sector e a mellora da súa competitividade. |
5.000 € |
27.3.2025. |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, para a promoción e a mellora da comercialización dos produtos da acuicultura ecolóxica certificada de Galicia no ano 2025. |
40.000 € |
1.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Nueva Pescanova, para a organización do Global Sustainable Seafood Galicia Forum (Foro Galicia de Sustentabilidade Global dos Produtos do Mar). |
60.000 € |
1.4.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a definición e o desenvolvemento dun sistema de informe que dea soporte á xestión dos descritores do bo estado do medio mariño (Denem) e á información de indicadores de saúde das poboacións explotadas. |
185.000 € |
8.4.2025 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a creación, o desenvolvemento, a dinamización, o aloxamento e o mantemento do portal web e a plataforma virtual do SEALab (web), dentro do proxecto SEALabHaus; Project (EAPA_0029/2022) aprobado no marco do Programa de Cooperación Territorial Europea (Interreg Atlantic Área 2021-2027). |
50.000 € |
10.4.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña para o estudo da mellora do crecemento de especies de acuicultura. Biorock. |
72.161,58 € |
24.4.2025 |
