De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:
1. Resolución do 18 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións de conservación e manexo dos recursos xenéticos forestais en Galicia, para os anos 2025, 2026 e 2027, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) 2023-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.
– Actividade: execución das accións necesarias para a xestión, a aprodución e conservación do material forestal de reprodución en montes da Comunidade Autónoma e en instalacións de xestión pública como o Centro de Procesado de Sementes de Carballo (Semfor) ademais dos viveiros da Falmega (Oroso), Santa Cruz (Oleiros), Sambreixo (Guitiriz), Os Trollos (Bóveda), A Chaira (O Pereiro de Aguiar) e Areas (Tui).
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día 1 de xaneiro de 2025 ata o 30 de setembro de 2027.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón trescentos setenta e seis mil cincuenta e seis euros con setenta e oito céntimos (1.376.056,78 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.713B.604.0 e 15.03.713B.622.0 (código de proxecto 2024 00110).
2. Resolución do 2 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a divulgación e comunicación da cultura forestal nos viveiros de Santa Cruz (Oleiros) e Os Trollos (Bóveda) para os anos 2025-2026, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) 2023-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.
– Actividade: realización dos traballos necesarios para adecuar ao uso público as instalacións dos Trollos e Santa Cruz mediante actuacións como acondicionamentos previos, estruturas de madeira, sendas, restauración do edificio Santa Cruz, peches de parcelas, reparacións de estruturas, arranxo do asfalto ou preparación de plans de uso público das instalacións entre outras actuacións.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos corenta e nove mil oitocentos dezasete euros con trinta e cinco céntimos (449.817,35 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2025 00132).
3. Resolución do 15 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización de tratamentos silvícolas preventivos non produtivos en montes situados nos concellos de Cedeira, Monfero e As Pontes, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) 2023-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.
– Actividade: actuacións en piñeirais e masas de frondosas mediante tratamento fitosanitario, roza, clareo, poda e tratamento de residuos.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 18 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setenta e dous mil oitocentos trece euros con corenta céntimos (1.072.813,40 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00112).
4. Resolución do 15 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a reparación e a mellora de peche para o mantemento do uso sociorrecreativo no Monte Seixo, As Pontes, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) 2023-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.
– Actividade: mellorar e reconstruír o peche gandeiro existente no perímetro do Monte Seixo (As Pontes) de maneira que queden demarcados os seus límites e se estableza unha limitación artificial aos usos permitidos no monte, entre eles o sociorrecreativo.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 14 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e un mil oitocentos cincuenta e catro euros con sesenta e tres céntimos (91.854,63 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00114).
5. Resolución do 28 de febreiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución do servizo de formación e apoio loxístico ao operativo de prevención e defensa contra incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia nos anos 2025 e 2026.
– Actividade: actuacións destinadas á posta en marcha do operativo de prevención e extinción de incendios forestais, dotación de medios de transporte e equipamento loxístico, tarefas de apoio técnico e material ao director técnico de Extinción, apoio na elaboración de estudos e análises estatísticas, coordinación de seguridade e saúde nas actuacións da Dirección Xeral de Defensa do Monte.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día da sinatura da acta de inicio dos traballos, unha vez asinada a Orde de execución, e ata o 31 de decembro de 2026.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setecentos sesenta e un mil novecentos sesenta e dous euros con setenta e nove céntimos (1.761.962,79 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.02.551B.601.1 e 15.02.551B.640.1 (proxectos 2002 15860, 2007 00480 e 2008 00391).
6. Resolución do 31 de marzo de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo de apoio na certificación forestal sustentable nos anos 2025, 2026, 2027 e 2028, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (Pepac) 2023-2027.
– Actividade: apoio en diversas actividades da certificación forestal sustentable como na supervisión da xestión documental dos aproveitamentos nos montes, no seguimento e na determinación do grao de cumprimento dos indicadores da xestión forestal, na elaboración de cartografía ou na posta en marcha de medidas correctivas en proxectos de zonas de alto valor de conservación.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o día 1 de abril de 2025 ata o 1 de abril de 2028.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos cincuenta mil trinta e catro euros con vinte e dous céntimos (350.034,22 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.640.0 (código de proxecto 2025 00133).
7. Resolución do 9 de abril de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización de actuacións de revisión e seguimento da maquinaria pesada en materia de prevención e loita contra incendios forestais.
– Actividade: actuacións en materia de seguimento e revisión do parque de maquinaria pesada, con especial atención aos equipos multifunción denominados Batracios, e a súa posta a punto coa revisión da devandita maquinaria.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cen mil catrocentos corenta e oito euros con corenta e seis céntimos (100.448,46 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.640.1 (código de proxecto 2007 00480).
8. Resolución do 30 de abril de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución de actuacións de mellora de instalacións na nave de Botos (Lalín), Distritos Forestais e Centros de Coordinación Provincial.
– Actividade: adecuación da nave de almacenamento de EPI e material de Botos (Lalín) que se dotará de equipos informáticos e mobiliario, catalogación do equipamento e material, habilitación dun espazo para traballos de gabinete e adecuación e mellora de varias oficinas de Distritos Forestais e Centros de Coordinación Provincial.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: 10 meses.
– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos noventa e seis mil setecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e nove céntimos (396.755,59 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.632.1 (código de proxecto 2002 15860).
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
