DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30272

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2025 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 26 de novembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio á Secretaría Xeral Técnica na análise e procesamento da información relativa á xestión dos fondos MRR asociados ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio á Secretaría Xeral Técnica no seguimento dos fondos e soporte á elaboración dos informes de xestión; soporte aos órganos executores no cumprimento dos principios transversais e seguimento dos fondos MRR; soporte á alimentación e supervisión da información nas aplicacións informáticas habilitadas para a xestión dos fondos MRR e outras tarefas de apoio vinculadas á resposta de consultas dos órganos executores e entidades externas á Consellería.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta e un mil cincuenta e dous euros con setenta e tres céntimos (41.052,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

2. Resolución do 9 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia. Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: servizos técnicos de apoio na xestión de expedientes de axudas relativos á instalación de agricultores mozos, de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias e de modernización das explotacións agrarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e oito mil oitocentos sesenta e oito euros con vinte e oito céntimos (68.868,28 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

3. Resolución do 30 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a urbanización e acometidas do Centro administrativo e de formación de brigadas forestais de Toén. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización das actuacións relacionadas coas acometidas eléctrica e telefónica do Centro, así como abastecemento de auga e urbanización.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 16 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos cincuenta mil trescentos oitenta e tres euros con trinta e nove céntimos (450.383,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.632.1 (código de proxecto 2002 15860).

4. Resolución do 18 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: soporte técnico e labores de auxilio nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e cinco mil corenta e oito euros con trinta céntimos (195.048,30 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

5. Resolución do 2 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio no plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp, Tecia solanivora e Flavescencia dourada da vide) na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns douscentos vinte e sete mil seiscentos cincuenta e nove euros con dezaseis céntimos (2.227.659,16 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.04.712B.640.4, 15.04.713E.604.1 e 15.04.713E.640.1 (códigos de proxecto 2009 00759, 2009 00724 e 2012 00745).

6. Resolución do 18 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico previo en tarefas relacionadas coa avaliación de impacto ambiental, o seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización. Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: prestar soporte técnico previo á tramitación de expedientes de impacto ambiental, así como en tarefas de apoio no control e seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización dentro das competencias que ten atribuídas o Servizo de Sanidade e de Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta mil cento cincuenta e cinco euros con vinte e nove céntimos (60.155,29 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

7. Resolución do 18 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a revisión e actualización do Rexistro Vitícola de Galicia (Reviga). Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: delimitación gráfica actualizada e precisa do viñedo, depuración e actualización da base de datos do Reviga, tanto das parcelas como dos titulares das explotacións, e traballos de actualización da información gráfica e alfanumérica do viñedo en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e oito mil cento oitenta e tres euros con cincuenta e catro céntimos (198.183,54 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

8. Resolución do 18 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos programas de sanidade e produción animal 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos programas de sanidade e produción animal en Galicia durante o ano 2025. A Consellería do Medio Rural ten entre os seus obxectivos a execución e o seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootias e zoonoses, e outras medidas para o establecemento de garantías sanitarias e da rastrexabilidade das producións gandeiras, así como o desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación, fomento e control da produción e sanidade gandeira, e a xestión e correcta explotación dos rexistros e sistemas de control de datos informáticos derivados destas actuacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de nove millóns cincocentos catro mil cincocentos trinta e tres euros con setenta e cinco céntimos (9.504.533,75 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713E.640.1 (códigos de proxecto 2010 00977 e 2013 00713).

9. Resolución do 19 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a xestión do servizo dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: continuación do servizo de xestión dun matadoiro móbil que dea servizo ás explotacións gandeiras e establecemento dun novo servizo aos produtores mediante a posta en funcionamento dunha sala de despezamento co obxecto de avanzar cara á posibilidade de establecer unha vía de comercialización diferenciada dos canais obtidos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos corenta mil cento cincuenta e un euros con sesenta e tres céntimos (940.151,63 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713C.640.1 (código de proxecto 2020 00054).

10. Resolución do 26 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo de cría do parasitoide Tamarixia dryi para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Anualidade 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: continuar coa produción a grande escala do parasitoide para subministrar regularmente individuos de Tamarixia para súa solta no territorio con presenza de cítricos afectados pola Trioza erytreae.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte mil catrocentos setenta e catro euros con trinta e catro céntimos (120.474,34 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

11. Resolución do 2 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona demarcada entre 1,5 e 20 km e na zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena nas provincias de Pontevedra e Ourense para o ano 2025. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos para a erradicación do nematodo do piñeiro en pés sintomáticos dando continuidade ás actuacións que se veñen realizando desde o ano 2010 na zona demarcada mediante corta polo pé e tronza de árbores, retirada de restos vexetais e aplicación de produtos fitosanitarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns catrocentos noventa e un mil trescentos cinco euros con trinta e nove céntimos (2.491.305,39 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.04.712B.640.4 e 15.04.713E.604.1 (códigos de proxecto 2009 00759 e 2012 00745).

12. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de accesos desde O Pouxaneiro a Lamarcide (Riotorto-Lugo). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora do camiño de titularidade municipal de accesos desde O Pouxaneiro a Lamarcide cunha lonxitude total de actuación de 2.470 metros, mediante aplicación dun triplo tratamento asfáltico, logo de regularización e limpeza de superficies e cunetas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e un mil trescentos setenta e oito euros con dezaoito céntimos (91.378,18 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

13. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a adecuación de camiños nas zonas de concentración parcelaria de Camanzo e Brandariz-Obra-Sector Obra (Vila de Cruces-Pontevedra). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apertura de dous camiños de titularidade municipal cunha lonxitude total de 281,12 m e 3,00 m de ancho de capa rodada mediante actuacións de movementos de terra, obras de fábrica, sinalización vertical e afirmado con capa de saburra artificial.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincuenta e dous mil cento dezanove euros con oitenta e oito céntimos (52.119,88 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

14. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de camiños municipais en Santiso, Méixome e Vilatuxe (Lalín-Pontevedra). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de tres camiños de titularidade municipal cunha lonxitude de actuación de 1.800 metros, mediante o estendido de mestura bituminosa, rega de adherencia, limpeza de superficies e cunetas, obras complementarias e sinalización.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e nove mil novecentos noventa e oito euros con trinta e tres céntimos (149.998,33 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

15. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a pavimentación do barrio de Cimadevila, Alvite (Beariz-Ourense). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: pavimentación de rúas de titularidade municipal cunha superficie de actuación de 217 m mediante solado con lastros de granito e formigón, renovación das instalacións de augas pluviais e previsión de soterramento das instalacións aéreas existentes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e dous mil trescentos cincuenta e tres euros con noventa e un céntimos (122.353,91 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

16. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora da estrada Rebordelos e outros (Tordoia-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de tres camiños de titularidade municipal cunha lonxitude total de actuación de 2.145 metros mediante actuacións como limpeza de bordos, mellora da capa de rodaxe, movemento de terras, tapadura de fochas con grava e sinalización.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sete mil noventa e cinco euros con sesenta e un céntimos (107.095,61 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

17. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a rede de saneamento de Libureo (Vilarmaior-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: nova rede de saneamento de Libureo con conexión á EDAR de Cioi, composta por instalación de 530 metros de tubaxe D250, pozos de rexistro, acometidas, obras complementarias e reposición de firmes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e nove mil cincocentos sesenta e tres euros con cincuenta e sete céntimos (79.563,57 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

18. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora da capa de rodaxe dos camiños municipais na parroquia de Pazos (Ponteceso-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de dous camiños de titularidade municipal, cunha lonxitude total de 846 metros, mediante limpeza de cunetas, tapadura de fochas, asfaltado e sinalización horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e sete mil trescentos catorce euros con setenta e tres céntimos (67.314,73 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

19. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o camiño municipal ao Ar (Abellá) e outros (Frades-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de tres camiños de titularidade municipal, cunha lonxitude total de 3.105 metros, mediante limpeza de gabias, movemento de terras, sinalización vertical e canalizacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e nove mil oitocentos vinte e cinco euros con corenta e sete céntimos (99.825,47 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

20. Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a renovación e mellora de infraestruturas no lugar da Agra-Trasdoanes, parroquia de Xuño (Porto do Son-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: renovación e mellora dun camiño de titularidade municipal, cunha lonxitude total de actuación de 500 metros, mediante estendido de mestura bituminosa, limpeza e recuperación de firme e marxes, instalación de pozos de rexistro, acometidas e tramos de saneamento.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e nove mil oitocentos cincuenta euros con dezaseis céntimos (99.850,16 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

21. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de camiños de Vilasuso de Arriba a Ponte e da Feira a Benza (Trazo-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de dous camiños de titularidade municipal, cunha lonxitude total de actuación de 1.240 metros, mediante refinación e aplanamento con limpeza de cunetas, regularización da plataforma con saburra, estendido de balastro, triplo tratamento asfáltico e sinalización vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e cinco mil oitocentos sesenta e catro euros (95.864,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

22. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a ponte en Domés sobre o río Noa (O Pino-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: construción dunha ponte sobre o río Noa, nun camiño de titularidade municipal, que será un pórtico de sección libre, construído con formigón armado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte mil trece euros con trinta e sete céntimos (120.013,37 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

23. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o afirmado e acondicionamento da vía de Seaxe a Francelos (Rois-A Coruña). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora dun camiño de titularidade municipal, de 1.850 metros de lonxitude e 6 metros de ancho medio, mediante actuacións de limpeza de cunetas e superficies, tapadura de fochas, asfaltado e sinalización horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta mil sesenta euros con cinco céntimos (160.060,05 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

24. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o asfaltado da estrada de Pousadouro (As Neves-Pontevedra). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora dun camiño de titularidade municipal, cunha lonxitude total de 5.600 metros, mediante actuacións de limpeza de cunetas, varrido da superficie, fresado, asfaltado e sinalización horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e nove mil oitocentos catorce euros con setenta e dous céntimos (189.814,72 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

25. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de camiños municipais no contorno dos núcleos de Bustelo e Casasoá (Xunqueira de Ambía-Ourense). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora de catro tramos e varios entronques de camiños de titularidade municipal, cunha lonxitude total de actuación de 2.770 metros, mediante aplicación de tratamentos asfálticos, logo de tapadura de fochas e limpeza de superficies e cunetas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta mil novecentos tres euros con vinte e sete céntimos (160.903,27 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

26. Resolución do 13 de xaneiro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a reparación da pista A Portela da Cruz-A Hedreira (Avión-Beariz-Ourense e A Lama-Pontevedra). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: mellora do camiño de titularidade municipal que une A Hedreira coa Portela da Cruz, de 6.450 metros de lonxitude, mediante limpeza de foxos, saneamentos, tapadura de fochas, regularizacións do firme e aplicación dun DTS e posterior selado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e nove mil oitocentos setenta e tres euros con oitenta e seis céntimos (199.873,86 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

27. Resolución do 3 de abril de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución para a construción da base aérea de Setecoros, Valga, Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022.

– Actividade: prestación do servizo de redacción do proxecto de execución para a construción da base aérea de Setecoros, Valga, Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de inicio dos traballos, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 31 de xullo de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e tres mil setecentos trinta e nove euros con setenta e sete céntimos (133.739,77 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

28. Resolución do 3 de abril de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción do proxecto de execución para a construción e acondicionamento de infraestruturas na base aérea do Campiño, Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2022.

– Actividade: prestación do servizo de redacción do proxecto de execución para a construción e acondicionamento da base aérea do Campiño, Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de inicio dos traballos, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 31 de xullo de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e catro mil novecentos trinta e dous euros con sete céntimos (134.932,07 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural