DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30263

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de xaneiro a abril de 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e os colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense, Pontevedra e Lugo para a prestación do servizo de orientación xurídico-laboral, tramitado como anticipado de gasto.

Regular as bases para a prestación do servizo de orientación xurídico-laboral gratuíto para a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025.

19.2.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do máster interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral, tramitado como anticipado de gasto.

Regular as bases de colaboración para o desenvolvemento dos estudos conducentes ao título do máster interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral.

21.2.2025

15.000,00 €

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade (actual Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) e as organizacións sindicais e empresariais, no marco do proxecto EmpregAL.

Modificar a cláusula segunda do convenio, Accións que se van realizar, na distribución do orzamento e indicadores, sen que supoña unha alteración do orzamento global por entidade.

Modificar a cláusula quinta, Financiamento das actuacións, no importe global correspondente ás anualidades 2024 e 2025, así como o importe máximo que lle corresponde a cada entidade nas citadas anualidades.

30.4.2025

Sen contía económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Concello da Coruña para a acreditación da formación para o emprego impartida polo Servizo Municipal de Emprego e Empresa do Concello da Coruña.

Recoller as características e condicións que debe reunir a formación proposta polo Servizo Municipal de Emprego e Empresa do Concello da Coruña para que as persoas alumnas participantes que finalicen con avaliación positiva todos os módulos formativos reciban os correspondentes certificados profesionais.

22.4.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster de Empresas de Automoción e Mobilidade de Galicia (Ceaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia (Cepega) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster das Enerxías Renovables (Cluergal) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Laboral da Construción para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Clúster da Función Loxística de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Clúster TIC Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modificar a distribución por anualidades establecida na cláusula terceira do convenio, coa finalidade de permitir a execución durante o ano 2025 do crédito non utilizado ata o 30 de novembro de 2024.

27.3.2025

Sen contía económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Juana de Vega para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol e de Vilanova de Arousa.

Financiar o funcionamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol e de Vilanova de Arousa.

4.4.2025

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Juana de Vega para o financiamento do polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín.

Financiar o funcionamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín.

4.4.2025

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Venancio Salcines para o financiamento do polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos.

Financiar o funcionamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos.

7.4.2025

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Venancio Salcines para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo e de Melide.

Financiar o funcionamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo e de Melide.

4.4.2025

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia para o financiamento do polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco.

Financiar o funcionamento do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco.

7.4.2025

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria, de Friol e da Fonsagrada.

Financiar o funcionamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Sarria, de Friol e da Fonsagrada.

4.4.2025

240.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Ronsel para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño e do Barco de Valdeorras.

Financiar o funcionamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño e do Barco de Valdeorras.

7.4.2025

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e A Fundación Roberto Rivas para o financiamento dos polos de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, de Baños de Molgas e do Carballiño.

Financiar o funcionamento do polos de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, de Baños de Molgas e do Carballiño.

7.4.2025

240.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Astorga para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Astorga.

3.4.2025

2.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Ourense para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense.

3.4.2025

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Tui-Vigo para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo.

3.4.2025

3.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.

3.4.2025

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento de accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas.

Establecer a concesión dunha subvención a Fundación Ronsel para desenvolver as accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas especificadas nas metodoloxías recollidas nos anexos I e II.

7.4.2025

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Velenzuela para o establecemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, Ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial.

7.4.2025

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz para o establecemento dunha oficina de información e asesoramento social en Puerto de la Cruz, Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial.

7.4.2025

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que por razóns de idade ou estado físico careza de autonomía persoal e/ou que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa.

7.4.2025

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil) para a organización dunha carreira solidaria.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da realización dunha carreira solidaria.

7.4.2025

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para o mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas a Galicia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento das oficinas de información e asesoramento da Federación Venezolana de Galicia ás persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega, así como un servizo de información e asesoramento itinerante.

7.4.2025

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Casa de España en Río de Janeiro, co fin de contribuír a atención das necesidades socioasistencias básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Río de Janeiro, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro que por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter unha oficina de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial.

10.4.2025

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, para a atención sociosanitaria da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo, Uruguai.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a atención das necesidades sociosanitarias da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo (Uruguai) que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa.

10.4.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación España Salud, de Venezuela en Caracas, para a atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír á atención das necesidades sanitarias e domiciliaria ás persoas maiores de orixe galega residentes en Venezuela que necesitan da súa cobertura por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas.

11.4.2025

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada en Río de Janeiro, Brasil, para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro, Brasil.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para a prestación de asistencia á cidadanía de orixe galega que reside na asociación por razóns de carencia ou de dependencia e que non pode afrontar o custo da súa estadía.

11.4.2025

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela coa finalidade de contribuír a atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día Santiago Apóstol de Caracas (Venezuela).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento do custo derivado da atención ás persoas galegas acollidas no centro de día Santiago Apóstol.

11.4.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil).

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes co fin de contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social.

15.4.2025

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega.

15.4.2025

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social en Salvador de Bahia, Brasil.

Establecer o marco de colaboración entre as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial.

16.4.2025

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a persoas emigrantes retornadas.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento dunha oficina de información e asesoramento da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU).

16.4.2025

7.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Arquidiocese de Santiago de Compostela para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia.

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e a súa descendencia co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente.

30.4.2025

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e das oficinas das provincias.

Establecer o marco da colaboración as entidades asinantes para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial.

7.4.2025

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Concello de Ponteareas para a rehabilitación e o deseño interior da nova praza de abastos.

Establecer as bases de colaboración entre a consellería e o concello para o desenvolvemento do proxecto de rehabilitación e deseño interior da nova praza de abastos.

10.1.2025

800.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Establecer as bases de colaboración entre as partes asinantes para a xestión e distribución dos fondos das axudas económicas que van ser convocadas no marco do Programa bonos Activa comercio para fortalecer o sector comercial retallista de Galicia, estimulando a demanda das persoas consumidoras.

24.4.2025

90.000,00 €