DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 12 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2025/00271 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude, que se arquivará logo de ditar aa correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalos no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008, A Coruña.

A Coruña, 12 de maio de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2025/00271

C02994487

53301286M

AC-2025/00128

32783406B

33269612C