DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30353

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2025 pola que se integra unha funcionaria profesora contratada doutora, na categoría de profesora permanente laboral.

A disposición transitoria quinta da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU), establece no seu número 4 que «Os profesores e profesoras que, á entrada en vigor desta lei orgánica, dispoñan dun contrato de profesor/a contratado/a doutor/a manterán os dereitos e deberes recollidos no contrato mencionado. Logo de solicitude, os/as profesores/as contratados/as doutores/as poderanse integrar na modalidade de profesores/as permanentes laborais, nas mesmas prazas que ocupen, e computándose como data de ingreso a que tivesen na modalidade de orixe».

Solicitada por Carmen López de Aguileta Clemente, profesora contratada doutora, a súa integración na categoría de profesores/as permanentes laborais, esta Reitoría, conforme o procedemento establecido polo Acordo do Consello de Goberno, do 29 de outubro de 2024, no uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica do sistema universitario e demais disposicións concordantes, resolve integrar a Carmen López de Aguileta Clemente, con DNI ***331**, na categoría de profesores/as permanentes laborais, quedando adscrita ao mesmo departamento, área de coñecemento e centro que estivese na súa categoría de orixe, con efectos do 28 de maio de 2010.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, perante o reitor. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de maio de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo