De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 21 de maio de 2025, do proxecto industrial estratéxico de planta de biofibra reciclada branqueada e as súas infraestruturas auxiliares, no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Biofibras de Galicia, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Por abstención (Resolución do 25.4.2025)
María Sol Díaz Mouteira
Directora general de Patrimonio Natural
