Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre os apoios AKUHAV47 15C500 2 e AKR7RW92 15C500 4, no concello de Sada (expediente IN407A 2024/39-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 14 de maio de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/39-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LAMT SAD713 Vilar 13 entre os apoios AKUHAV47 15C500 2 e AKR7RW92 15C500 4.
Concello: Sada.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastrais |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Valiñas |
15076A014010220000EG |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.15 |
|
2 |
Valiñas |
15076A014011720000ES |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.15 |
|
3 |
Fonte Corneira |
15076A014010280000EM |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.20 |
|
4 |
Fonte Corneira |
15076A014010270000EF |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.20 |
|
5 |
Fonte Corneira |
15076A014010260000ET |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.25 |
|
6 |
Fonte Corneira |
15076A014010250000EL |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.25 |
|
7 |
Valiñas |
15076A014010240000EP |
Descoñecida |
21.7.2025 |
10.30 |
