DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Amalia Verdini Pan.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 30 de maio de 2024 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Amalia Verdini Pan (ABI/2018/0012).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. núm. 147, do 18 de xuño de 2024), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 115, do 14 de xuño), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña por un prazo non inferior a trinta días naturais.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 25 de xuño de 2014 na Coruña e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Coruña, polo que queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia; artigo 267 e seguintes.

– Código civil; artigo 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas; artigos 20.6 e 20.bis.8.

– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia; título III, artigo 147 e seguintes.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública; artigos 14 e 16.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Amalia Verdini Pan, con DNI 32346388-Q, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 0000 7330 0110 0458.

– Abanca, conta de aforro: 2080 0002 6930 0021 9670.

– Abanca, conta a prazo: 2080 0002 6538 1003 7910.

– Abanca, conta de valores: 464 0000 0002588.

– Banco Santander, conta de aforro: 0238 8101 2807 0022 0025.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña por un prazo non inferior a trinta días naturais.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade co artigo 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio