DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2025/PLANEAM/000005 (FG número 749).

Na sesión extraordinaria do Pleno que tivo lugar o 30 de abril de 2025, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual número 18 do PXOM: retirada do Catálogo dun hórreo situado en Mera, polo trámite de modificación non substancial.

De conformidade co artigo 18 da Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, o expediente estará exposto na páxina web do Concello www.oleiros.org, Área de Urbanismo, trámites de información publica, durante o prazo mínimo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 9 de maio de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente