DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2025 Páx. 30409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de maio de 2025 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-24-728.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas notifícaselle a Mª Mercedes Josefa Carreño Lamas, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a Resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia, do 3 de abril de 2025 acordou estimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia, do 7 de febreiro de 2025, ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-24-728.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante, á elección da interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, situados no polígono das Fontiñas, praza de Europa 5A-6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da

sanción

Sanc. 12-48-24-728

BI-6510-CC

Pafif

Mª Mercedes Josefa Carreño Lamas

Estacionamento prohibido.

21.9.2024

14.02 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €