DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0080/2025-V e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0080/2025-V e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 13 de maio de 2025

A directora territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 13.5.2024, do titular da Consellería do Mar)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0080/2025-V

53309721E

Inicio

O Portiño, nº 2, 1º esq., San Pedro de Visma, A Coruña

PSC-FE-0088/2025-PPM

51295165J

Inicio

O Portiño, nº 1, baixo dereita, A Coruña

PSC-FE-0093/2025-V

49914287D

Inicio

O Portiño, nº 13, A Coruña

PSC-FE-0095/2025-V

52933159Q

Inicio

Abuín, nº 4, Leiro, Rianxo

PSC-FE-0096/2025-V

53485622L

Inicio

Rúa Sebastián de O´Campo, nº 18, Barro, Noia

PSC-FE-0099/2025-PPM

52454337P

Inicio

Lampón, Escarabote, nº 61, Boiro

PSC-FE-0103/2025-V

47379840R

Inicio

Río Quenxe, 14, portal 2, 1º b, Corcubión

PSC-FE-0119/2025-TRA

58037159V

Inicio

Galerías Santa Margarita, bl. 2, 3º esq., A Coruña

PSC-FE-0125/2025-PPM

32723244V

Inicio

Rúa Cabanas, ptl. 13, 2º, Narón