DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.05254, outorgada o 8 de outubro de 2002, no concello de Poio (expediente DH.A36.108004).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios A de Cubela.

Expediente: DH.A36.108004.

Volume total anual: 1.051,20 m3/ano.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 1873, polígono 17, do catastro de Poio.

Lugar: O Esperón.

Parroquia: Poio (San Xoán).

Concello: Poio.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta de aros de formigón e condúcese a unha caseta na parcela 8008, polígono 17, que contén 12 depósitos individuais dos que parten sendas conducións ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar do Esperón, parroquia de Poio (San Xoán), Poio.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 8 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur