DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30472

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2025 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).

No Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro de 2025, publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).

Na dita orde, o número 4 do artigo 8 establece que os importes de cada aplicación poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución ou transferencias de crédito entre ambas as aplicacións de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para iso, é necesario o informe favorable previo da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do programa FSE+Galicia 2021-2027, actualmente a Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos.

No Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril de 2025, publicouse a Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de abril de 2025 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D).

Unha vez publicada a concesión destas subvencións, existe un remanente de crédito por unha contía de 355.684,22 € na aplicación orzamentaria 2025 13 05 313A 460.0, destinada ao cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos, presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, que permite financiar catro (4) programas de estadías formativas de entidades sen ánimo de lucro da lista de espera con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.481.0. Consta no expediente o informe favorable da Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos do día 29 de abril de 2025.

Así, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Orde do 8 de xaneiro de 2025, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a redistribución de crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 8 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (programa Xuventude Mentoring na Empresa, código de procedemento BS324D) e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedemento

Aplicación orzamentaria

Importe

BS324D-Programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos, presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas.

13.05.313A.460.0

-355.684,22 €

BS324D-Programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos, presentados por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia.

13.05.313A.481.0

355.684,22 €

Segundo. Esta modificación non implicará a apertura do prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura,
Lingua e Xuventude