DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30467

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 1 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Oia e a súa normativa.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación da modificación puntual número 1 das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Oia e a súa normativa mediante a Orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, do 30 de abril de 2025, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita modificación puntual no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/territorio-e-urbanismo/rexistro-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo/buscador

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderán ser consultados na seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave?p_p_id=aaeKeyword_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeKeyword_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D2205&_aaeKeyword_WAR_aae_id=2205

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2025

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo

ANEXO

Orde de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Oia na súa normativa

O Concello de Oia remite a modificación puntual número 1 (MP) de aspectos normativos das normas subsidiarias de planeamento de cara á súa aprobación definitiva, conforme o previsto nos artigos 60.13 e 60.16 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e artigos 144.13 e 144.16 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento (RLSG).

Logo de analizar a documentación achegada o 8.4.2025, redactada por Calixto Escariz, S.L.U. e con dilixencia de aprobación provisional do 24.11.20222, vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

1. O Concello de Oia conta cunhas normas subsidiarias de planeamento municipal (NNSSPP) aprobadas definitivamente o 14.3.1996 (DOG do 27 de maio e BOP do 18 de xuño).

2. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou, mediante Resolución do 1.8.2019 o informe ambiental estratéxico (IAE) da M), no cal se resolve non sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (DOG do 27 de agosto).

3. Constan os seguintes informes municipais: técnico do 20.5.2021 e xurídico do 21.5.2021.

4. A MP foi aprobada inicialmente mediante o Acordo do Pleno do 27.5.2021, e foi sometida a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio publicado no DOG do 18 de xuño e no xornal Faro de Vigo do 3 de xuño.

5. Constan os seguintes informes: da Dirección Xeral da Costa e o Mar, do 4.2.2021 e 5.9.2023; da Subdirección Xeral de Patrimonio da Dirección Xeral de Infraestrutura do Ministerio de Defensa, do 5.7.2021; da Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia, do 15.9.2021; da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, do 14.9.2021; da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, do 23.7.2021; da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, do 16.9.2021; da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, do 17.9.2024.

6. Foron solicitados os informes sectoriais autonómicos preceptivos e constan os informes seguintes: da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en materia de costas, do 29.4.2021, 24.8.2021 e 6.2.2023; da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, previsto no artigo 102 do Plan de ordenación do litoral, do 13.10.2021; da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, do 20.8.2021; do Instituto de Estudos do Territorio, do 12.11.2021; de Augas de Galicia, do 19.10.2021; da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, do 20.8.2021; da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 15.11.2021 e do 14.7.2022; Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra en materia de estradas, do 5.11.2021; da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 14.12.2021; da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, do 24.2.2022; do Servizo de Enerxía e Minas da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, do 6.6.2022.

7. Déuselles audiencia aos concellos limítrofes de Baiona, Tomiño e O Rosal.

8. Constan informes dos servizos municipais do 22.11.2022 (técnico) e 22.11.2022 (xurídico).

9. O Pleno municipal aprobou provisionalmente a MP 1 das NNSSPP na sesión do 24.11.2022.

10. O Concello remite a documentación para a súa aprobación definitiva o 24.1.2023, o 23.10.2023, o 13.6.2024 e o 15.11.2024. A Dirección Xeral de Urbanismo fixo requirimentos documentais o 21.2.2023, o 23.11.2023, o 8.7.2024 e o 18.12.2024. O Concello achega nova documentación o 8.4.2025.

II. Obxecto e descrición da modificación puntual.

1. O obxecto da MP consiste en acomodar á lexislación vixente as alturas libres mínimas en establecementos comerciais e oficinas, así como definir o réxime de aplicación ás edificacións existentes incompatibles co planeamento, concretando as obras que se poderán levar a cabo e os usos que se deberán desenvolver nelas.

2. Con este obxectivo, a MP restrínxese á modificación dos seguintes artigos da súa normativa urbanística: 2.5.5. Tipos de licencia de obras; 4.1.6. Regulación do uso comercial; 4.1.7. Regulación do uso de oficinas; 4.4 normas reguladoras das situacións fóra de ordenación.

III. Análise e consideracións.

1. As razóns de interese público en que se xustifica esta MP, segundo o exixido no artigo 83.1 da LSG, fundaméntanse na necesidade de adaptar a normativa urbanística á lexislación vixente e de realizar pequenos cambios que permitan adaptarse a novos usos e necesidades e corrixir e depurar imprecisións normativas.

2. A redacción do artigo 4.4, normas reguladoras das situacións fóra de ordenación, non se axusta completamente ao regulado na vixente LSG, que, en todo caso, será de aplicación no concello en función do establecido na súa disposición transitoria primeira:

• O número 3.1 non se axusta completamente ao regulado o artigo 90.1 da LSG.

• O número 3.2 non se axusta completamente ao segundo parágrafo do artigo 90.2 da LSG.

• O número 4 non se axusta completamente ao regulado no artigo 40 da LSG.

3. Os anexos 9 e 9B non recollen correctamente o nome da fase de tramitación, xa que se refiren á aprobación definitiva cando deberían referirse á aprobación provisional.

4. Con respecto ao expediente administrativo, non consta a remisión da Modificación puntual corrixida e dilixenciada que vaia ser elevada ao trámite da aprobación definitiva ao Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais, exixido na Resolución da Deputación Provincial do 5.11.2021.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral e das súas modificacións puntuais correspóndelle á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61.1, 83.5 da LSG e nos artigos 146.1 e 200.5 do RLSG, en relación co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e co Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva da modificación puntual número 1 de diversos aspectos normativos das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Oia, condicionada ao cumprimento do establecido nos puntos III.2, III.3 e III.4 anteriores.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 212.1 do seu regulamento, a Dirección Xeral de Urbanismo inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da MP do PXOM aprobada definitivamente.

4. Notifíqueselle esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

5. Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.