De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 11 de maio de 2023 (DOG nº 102, do 31 de maio) para o ingreso na escala de xestión da USC, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna, comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de xestión da USC, subgrupo A2, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna, que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Escala de xestión da USC
Quenda de promoción interna
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***1303** |
Neo Rey, Sonia |
|
2 |
***1471** |
Lombao Vázquez, Catuxa |
|
3 |
***4220** |
Rodeiro Pico, María Remedios |
|
4 |
***8943** |
Pérez Doce, José Arturo |
|
5 |
***3922** |
Mendoza Fernández, María |
|
6 |
***7890** |
López Taladriz, Jorge |
|
7 |
***8079** |
Romero Banzas, Xosé Antón |
|
8 |
***6940** |
Moure Vieiro, Rosa |
|
9 |
***9516** |
Pernas Abad, Alejandra |
|
10 |
***3084** |
Iglesias Maseda, José Manuel |
|
11 |
***9683** |
Domínguez González, Virginia |
|
12 |
***3452** |
González Fernández, Jacobo Manuel |
|
13 |
***7433** |
Milmanda Cajaraville, Mª de la Paz |
|
14 |
***7799** |
Boquete Botana, Manuel |
|
15 |
***1978** |
Fernández Fernández, Ada |
|
16 |
***7435** |
González Porrúa, José Luis |
|
17 |
***1758** |
Vázquez Salgueiros, Álvaro |
|
18 |
***0771** |
Varela Pulpeiro, María Jesús |
|
19 |
***1994** |
Abuín Ratón, Margarita |
|
20 |
***2560** |
Reimóndez Meilán, Iván |
|
21 |
***1339** |
Viña Rey, Mª Cristina |
|
22 |
***7504** |
Otero Parga, María José |
|
23 |
***0894** |
Valledor Núñez, Raquel |
|
24 |
***7566** |
Varela Señarís, Mercedes |
|
25 |
***1369** |
Sieiro Negro, Elena |
|
26 |
***5805** |
Arias Díaz, Sara |
|
27 |
***6256** |
Rey Rodríguez, Mª de la Soledad |
|
28 |
***9899** |
Calvo Vieito, Lourdes |
|
29 |
***6217** |
Canosa Villar, Elvira |
|
30 |
***8666** |
Pillado Vega, Elena |
|
31 |
***3187** |
Álvarez Arias, Rocío |
