DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente 2024/PLANEAM/000007 (FG número 733).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela 2.4 do Plan parcial SUNP I-33-R, Iñás (documento NRE 2025005610, do 20 de marzo).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 7 de maio de 2025

Ángel García Seoane
Alcalde presidente