DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2025 Páx. 30880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 233/2025.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 233/2025 (procedemento ordinario), interposto por Fernando Rebollal Leal, contra a Resolución do 4 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestiman os recursos de reposición interpostos, relativos á Resolución do 23 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario, convocados mediante as resolucións do 14 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 250, do 30 de decembro), na categoría profesional de facultativo especialista en Cardioloxía.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos